O RIBEIRO

Recoñecemento para 
a Estación Enolóxica

photo_camera Una trabajadora, analizando racimos de uva en la Estaciín Enológica de Leiro (Foto: Miguel Ángel)

O laboratorio de Leiro queda acreditado para practicar cinco técnicas analíticas de viños, que o sitúan como referente internacional 

A Entidad Nacional de Acreditación (Enac) otorgou ó laboratorio da Evega (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia) a acreditación de cinco técnicas analíticas de viños: pH, acidez total e volátil (método infravermello medio); grao alcohólico volumétrico (método infravermello medio e achegado); azúcres (método Lisa 200) e dióxido de xofre (método Fluxo continuo segmentado). Con esta acreditación, segundo explicou o director do centro, Juan Manuel Casares, o laboratorio que xa era recoñecido coma oficial a nivel galego, español e europeo, agora, coa implementación do sistema de calidade e o seu recoñecemento pola Enac, "constitúen o aval máis importante a súa forma de traballar e coloca ao centro na liña dos laboratorios e estacións vitivinícolas de España". Así o manifestaba durante un acto celebrado na estación ó que asistiu o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, o delegado territorial en Ourense, Rogelio Martínez, e os presidentes dos consellos reguladores das distintas denominacións, entre outros.

Alfonso Rueda destacaba a importancia de que "se poda acreditar a calidade dos viños aquí e sin ter que recurrir a fora", engadindo que "para vender no exterior temos que ter todo preparado, que non haxa dudas sobre a calidade". Mentras, Rosa Quintana puntualizaba que "para competir nos mercados non basta con decir que tes calidade senón que hai que certificar a nivel internacional a calidade dos productos".

O director da estación aproveitaba o acto para facer un recoñecemento público aos artífices "deste paso en firme": José Antonio Feijóo, responsable de calidade, Elvira Soto Díaz, xefa de laboratorio, e Alfonso Ribas, secretario técnico do Ingacal (Instituto Galego da Calidade Alimentaria).

Te puede interesar