CON BASTÓN DE MANDO / ALCALDE DE RIBADAVIA

Marcos Blanco: “Ribadavia é o destino estrela da provincia"

photo_camera Marcos Blanco Jorge, no anfiteatro do castelo.

Marcos Blanco Jorge apura as últimas semanas ao frente da Alcaldía de Ribadavia, tras renunciar a ser de novo candidato por o PSdeG

Marcos Blanco Jorge apura as últimas semanas ao frente da Alcaldía de Ribadavia, tras renunciar a ser de novo candidato por o PSdeG, apostando pola renovación e satisfeito dos seus 12 anos de mandato.

Por qué non se presenta ás próximas eleccións?
Creo na rexeneración política. Os cargos pasas por eles, non eles por ti e despois de 12 anos síntome orgulloso e agradecido ós veciños que confiaron en min.


Non sinte tristeza de deixar o cargo despois de tanto tempo?

Supoño que a notarei máis cando chegue o momento, porque agora estou traballando e a alcaldía resta moito tempo da vida persoal. Creo que a vou extrañar máis do que penso, pero a política non acaba na alcaldía.

Ten outras aspiracións políticas?

A idea é seguir en Ribadavia. Aínda non o teño decidido, pero seguro que montarei algún negocio e seguirei traballando polo partido se mo piden os meus compañeiros. Todo o mundo ten aspiracións políticas, pero non se sabe si se poderá vivir dela e por eso hai que ter outro proxecto. En todo caso non sería unha decisión miña senón do partido, se quere contar conmigo.

De qué se sinte orgulloso?

Os pilares do noso goberno foron os Servizos Sociais, o termalismo, o turismo e a aposta polo comercio e a instalación de empresas. Tíñamos un proxecto hai 12 anos e entre os obxectivos, moitos cumplíronse e outros quedaron no tinteiro. Cando chegamos casi non había parque empresarial nin empresas. A situación económica de Ribadavia era complicada e vivía prácticamente do viño. Pensamos que había que diversificar o desenvolvemento empresarial e traer empresas. Apostamos tamén polo tecido comercial, mellorando espacios públicos, levando a cabo o plan piloto de rehabilitación de baixos, ou a posta en valor da Praza de Abastos. Outro obxectivo foi o termalismo. Había potencial pero non se facía nada e conseguimos crear a aldea termal de Prexigueiro, na que agora se van facer bungalows. Durante o ano pasado pasaron polas termas 50.000 persoas, o que da unha visión da riqueza que xenera.

Alcanzáronse as metas en turismo?

Sí, e outro dos pilares básicos, a proxeción de Ribadavia, do seu patrimonio, historia e cultura. Recuperamos grandes eventos, como a Mostra de Teatro e a Feira do Viño e invertiuse en infraestructuras. Só no castelo investironse nos 12 anos 1,2 millóns de euros e na rehabilitación do casco histórico máis de 3 millóns. Tamén se melloraron ofertas turísticas, como a campaña cos hoteles de Vigo. Hoxe Ribadavia é o destino estrela da provincia despois da cidade.

Síntese decepcionado de algo?

De pouco, no sentido de que foron 12 anos de política intensa e proveitosa, contando cuns compañeiros ós que lle debo todo.

Seguro que lle gustaría deixar aprobado o PXOM?

Sí, e síntome decepcionado de non poder cumplir promesas, pero non por deixadez senón porque neste caso a Xunta deixounos atados ó non axilizar o PXOM, pero agora deixamos unha ferramenta coa que se poderán executar eses proxectos pendentes, como un novo cemiterio e un centro de saúde. Patrimonio tívonos tres anos pendentes do seu informe, algo incomprensible tendo en conta que temos un Peri. Foi un despropósito porque paralizou proxectos moi importantes, fáciles de facer o e moi necesarios.

Foi difícil gobernar en minoría?

Obrígate a negociar coa oposición e iso é bo democráticamente. Fixemos unha boa gestión e a proba está nesta lexislatura, na que investimos 1,8 millóns de euros en obras como a Beronza, o campo de fútbol de herba artificial, a praza de abastos ou a pasarela, pese a que non gobernamos na Xunta nin en Madrid, pero cando se presenta un proxecto ben elaborado que beneficia á cidadanía, se esixe, e consíguese.
 

Te puede interesar