O RIBEIRO

Ribadavia entrega 1.480 euros en axudas para material escolar

Os beneficiarios destas axudas foron quince nenos de educación infantil que pertencen a trece familias

O Concello de Ribadavia entregou un total de 1.480 en axudas a familias necesitadas para a compra de material escolar. Segundo sinala onte o goberno municipal a través dun comunicado, por terceiro ano consecutivo, o concello decidiu entregar estas axudas para o curso escolar 2015-2016 co obxectivo "de que todos os cativos de Ribadavia de educación infantil poidesen ter as mesmas posibilidades e vantaxes na súa educación".

Deste xeito o concello intenta evitar que se produzan agravios por mor da crise económica, "sobre todo en aquelas familias que máis o necesitan e que se atopan en desemprego e en base a que a Administración Autonómica non abarca ós alumnos/as de educación infantil, que é onde os custos en material escolar e libros-fichas son máis altos".

Para paliar esta situación, Ribadavia destiñou recursos propios para financiar material escolar dos cativos que máis o necesitan. O número de solicitudes que se presentaron á convocatorio foi de 15 e todas elas foron concedidas, xa que "cumprían íntegramente os requisitos", segundo o Concello.

Resultaron beneficiarios da axuda do material escolar 15 nenos e nenas que pertencen a trece familias , cun custo total de 1.480 euros.

A maiores, o concello ribadaviense prevé voltar a convocar estas axudas para o vindeiro curso escolar 2016/17, apoiando deste xeito ós nenos a ás súas familias.

Te puede interesar