animales

Ribadavia fará unha zona para mascotas na Veronza

cans_veronza_ribadavia_result
photo_camera Área reservada para mascotas, no parque da Veronza.

As obras incluirán un valado e a instalación de elementos lúdicos para os cans, poidan estar rematadas no vindeiro mes de setembro

Unha brigada de operarios da Deputación provincial iniciou os traballos de limpeza dun espazo no parque ribadaviense da Veronza que será destinado para o esparcemento de mascotas. Según apuntaron fontes do Concello, "a creación dunha específica para os cans tivo a súa orixe pola iniciativa dos propios donos dos animais, a fin de evitar calquera tipo de molestia a outras persoas".

Deste xeito, técnicos do Servizo de Augas e Medio Ambiente da institución provincial avaliaron esta ubicación, preto do río Avia, e decidiron finalmente acometer tarefas para o seu acondicionamento e protección. Dende o goberno municipal de Ribadavia estímase que as obras necesarias, que incluirán un valado e a instalación de elementos lúdicos para os cans, poidan estar rematadas no vindeiro mes de setembro.

O mesmo departamento da Deputación xa se encargou da reposición de xogos na área de recreo infantil no mesmo parque, así como das mesas e bancos que estaban deteriorados polo paso do tempo, tamén na Veronza.

Te puede interesar