Ribadavia pavimentará o camposanto municipal

Os traballos, que supoñen un investimento superior ós 40.000 euros, deberán estar rematados antes de finais do mes de outubro

O goberno local de Ribadavia comunicou que o vindeiro mércores, día 19 de setembro, darán comezo as obras de acondicionamento dos accesos interiores e dos cruceiros do cemiterio municipal. O proxecto, despois de obter recentemente o visto bó de Patrimonio e de Turismo, comprenderá unha nova pavimentación cun material máis resistente ao paso do tempo e ás condicións climáticas, na que destaca a zona da entrada duns 70 metros cadrados, que será totalmente empedrada ata o cruceiro e pousadoiro existentes no camposanto.

Os traballos, que supoñen un investimento superior ós 40.000 euros, deberán estar rematados antes de finais do mes de outubro, na semana previa á celebración do día de Todos os Santos, "xa que é unha data de moito tránsito nos cemiterios, e na que se agarda que os veciños podan gozar das novas melloras", comenta o alcalde, Ignacio Gómez.

Te puede interesar