CONCELLO DE RIBADAVIA

Ribadavia pide inversións urxentes, con cargo ó 1% cultural, en Santo Domingo

uploaded_diputada_result
photo_camera Rocío Frutos e Ignacio Gómez, onte no Concello de Ribadavia.

Ignacio Gómez tamén plantexou a necesidade de acometer as actuacións para a mellora da seguridade na N-120

O alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, mantivo unha reunión de traballo coa deputada socialista no Congreso, Rocío de Frutos, para abordar as prioridades deste municipio nas materias de competencia do Estado para poder ser defendidas na actual lexislatura. Nacho Gómez considera fundamental recuperar as inversións correspondentes ó 1% cultural na protección e rehabilitación do numeroso patrimonio histórico co que conta o termo municipal. Nese sentido apuntou como urxente levar a cabo as inversións necesarias no conxunto monumental de Santo Domingo, que forman a igrexa, o mosteiro e o resto do entorno, que conforman un conxunto único en Galicia e que require actuacións urxentes.

Tamén plantexa a necesidade de acometer as actuacións para a mellora da seguridade na N-120, como son as rotondas previstas en dous puntos desta estrada e ctualizar de forma axeitada a sinalización de Ribadavia na Autovía A-52. Outro asunto ten que ver coa recuperación de servizos de tren e adaptación dos horarios ás necesidades dos estudantes e traballadores que se desprazan a Ourense.

Te puede interesar