Ribadavia recibiu en 2014 máis de 125.000 visitantes

Visitas castillo Ribadavia
photo_camera A maior parte segue apostando pola oferta de patrimonio, natureza e viño.

A maior parte segue apostando pola oferta de patrimonio, natureza e viño 

Máis de 125.000 persoas pasaron por Ribadavia ó longo do 2014, segundo o balance que fai a Oficina municipal de Turismo, atendendo a diferentes eventos e servizos coma a Festa da Istoria, a Feira do Viño do Ribeiro, a Mostra de Teatro ou as Termas de Prexigueiro (no ano 2014 perto de 55.000 usuarios). Nese periodo ata o Oficina de Turismo achegáronse 17.295 turistas e visitantes que solicitaron información, o que supón unha media diaria de 48 persoas atendidas, rexistrando un lixeiro incremento do 5,62% respecto ó 2013.

A maioría dos turistas que pasaron pola devantida oficina eran españoles, 15.669, sendo os galegos, 6.591, os que mais visitaron a vila, seguidos dos madrileños, 2.471, os cataláns, 1.417 e os andaluces, 960. Asemade, o número de visitantes doutros países, 1.626 sinala ó mercado francés, alemán e norteamericano coma os mellor posicionados, xunto co inglés, para ser potenciado. A meirande parte dos visitantes estranxeiros interésanse polas paraxes naturais e o viño do Ribeiro que se convirte nun dos maiores reclamos turísticos.

O castelo e o Museo Sefardí de Galicia siguen atraendo visitantes con un total de 2.885, que deixaron unha recaudación de 6.108 euros. Actualmente estase a piques de inaugurar un novo servizo de audiguías para visitar o castelo e o conxunto histórico de Ribadavia, o que axudará á satisfacción dos visitantes e ao incremento do número de persoas que soliciten a visita a estes espazos monumentais, segúndo valoran os técnicos de Turismo.

Logo e sinalización

Os responsabeis da oficina tamén destacan o novo logo e sinalización dos espazos monumentais xunto coa edición dunha guía para difundir Ribadavia nos hoteis de Vigo e atraer aos visitantes que se aloxen na cidade olívica.

No apartado de demandas, a meirande parte dos turistas seguen apostando polo patrimonio, a natureza e o viño. O que máis solicitan son as visitas polo conxunto histórico, adegas e viñedos que estén situados no conxunto histórico ou moi próximos, tamén se interesan polo sendeirismo para visitar aldeas históricas, viñedos e polas termas de Prexigueiro, ademáis de pedir información sobre os lugares onde poder xantar.

Os técnicos consideran que é preciso apostar e potenciar a Ruta do Viño do Ribeiro, como punta de lanza na oferta enoturística da comarca, cunha oferta de adegas e puntos onde poder disfrutar dunha experiencia enogastronómica singular e ben artellada.

Outra demanda dos turistas do viño e amantes da viticultura é dispor dun local ou museo onde poder coñecer a cultura do viño e degustar marcas. Nese senso, os responsabeis locais critican á Xunta pola paralización do Museo do Viño de Galicia. Outro aspecto que chamou a atención é que hai un gran descoñecemento da comarca por parte dos visitantes.

Te puede interesar