POLÍTICA

Ribadavia tenta recuperar como festivo o martes do Entroido

A concelleira de Cultura, María López, comenta que "nós imos propoñer esta modificación, unha vez consultada a asociación de comerciantes, pero todo dependerá do que se decida no pleno"

A Corporación municipal de Ribadavia debatirá mañá en sesión plenaria o calendario de festivos locais para o 2019, que no presente ano foi motivo de polémica debido á substitución do martes de Entroido como día non laborable polo luns 30 de abril, data incluída na programación da Feira do Viño do Ribeiro. Por elo, a intención do goberno local é recuperar como festiva a data central do Entroido, na que se organiza un desfile de comparsas.

Neste senso, a concelleira de Cultura, María López, comenta que "nós imos propoñer esta modificación, unha vez consultada a asociación de comerciantes, pero todo dependerá do que se decida no pleno". Asemade, o outro festivo local proposto corresponde ó día 9 de setembro, tendo en conta que o día 8, festividade da Virxe do Portal, coincide en domingo.

Te puede interesar