Día Internacional da Muller Traballadora

Ribadavia homenaxea as súas mulleres

WhatsApp Image 2018-03-09 at 17.45.26
photo_camera Algunas das mulleres homenaxeadas no concello de Ribadavia.

O Salón de Plenos do concello de Ribadavia acolleu este xoves ás mulleres que, co seu traballo, impulsaron a cultura, deporte ou economía a nivel local

Ribadavia tamén homenaxeou as mulleres da comarca cun acto no Salón de Plenos do concello. Noelia Rodríguez, edil socialista do departamento de Benestar Social, dirixiu unhas palabras no Día Internacional da Muller Traballadora a todas aquelas que fixeron unha aportación a todos os ámbitos da realidade social de Ribadavia.

"É de xustiza social que estas historias de vida teñan visibilidade. Que ningunha muller deste concello se sinta olvidada, porque é unha homenaxe a todas e cada unha das que, con traballo e esforzo en todos os ámbitos da súa vida, sacaron adiante os seus proxectos e ilusións", comentou Rodríguez na súa intervención.

 

                          WhatsApp Image 2018-03-09 at 17.43.56

Foron moitas as mulleres que se acercaron a este acto, entre elas Clotilde Losada Rodríguez, que ostenta o posto de muller de maior idade do concello de Ribadavia, con 102 anos.

Te puede interesar