celebración

Os ribadavienses desexan sesións con orquestras nas patronais

A edil comenta que "no Concello apostamos este ano por recuperar os concertos que se facían de antigo, e o resultado foi desigual"

Os veciños de Ribadavia botaron de menos as verbenas con orquestras nas pasadas festas na horna da Virxe do Portal, que se celebraron os días 8, 9 e 10 do actual mes de setembro. A concelleira de Cultura, María López Touza, así o confirma, "xa que é a opinión que máis escoitamos na rúa sobre os festexos patronais". A edil comenta que "no Concello apostamos este ano por recuperar os concertos que se facían de antigo, e o resultado foi desigual".

Ó respecto, apunta que "pensamos que o concerto de Efecto Pasillo iba ter máis público có de Manu Tenorio, e foi ó revés", tendo en conta que o primeiro foi de pago e vendéronse mil entradas a 5 e 10 euros, e o segundo era gratuíto. María López destaca o éxito da Xuntanza de bandas, que durante tres días reuniu a máis de 2.500 espectadores no Auditorio do Castelo, e avogou "por unha meirande colaboración económica do sector hosteleiro e de servizos para conquerir un mellor programa festivo".

Te puede interesar