O RIBEIRO

Ribeiro en Común defende a creación de escolas deportivas

Na opinión de Ribeiro en Común, "as actividades deportivas deben servir tamén para potenciar valores sociais e cívicos"

O grupo Ribeiro en Común de Ribadavia presentou unha moción ante o Concello na que reitera a súa solicitude de creación de escolas deportivas de base municipais, a fin de favorecer a práctica do deporte entre os máis cativos. Así, este grupo político da oposición desexa "unha intervención e apoio directo do Concello tanto aos principais clubes como para aquelas disciplinas de base que teñen hoxendía unha importante demanda por parte de nenos e nenas así como de pais e nais".

Na opinión de Ribeiro en Común, "as actividades deportivas deben servir tamén para potenciar valores sociais e cívicos que axuden ós rapaces a desenvolverse como persoa", e por elo instan ó Concello a apoiar calquera iniciativa neste sentido.

Te puede interesar