DEPORTE

Ribeiro en Común reclama un acordo para facer outro campo de fútbol

boga, polo tanto, o devandito grupo político por afondar na vía da negociación e na vía máis administrativa "e reducir a carga partidista neste asunto

O grupo municipal de Ribeiro en Común apoia a construcción dun novo campo de fútbol de herba artificial en Ribadavia, aínda que "ve difícil unha solución ao peche do actual", acusando ao alcalde ribadaviense, Ignacio Gómez, de buscar a confrontación coas administracións implicadas. Aquela agrupación defende a construcción dun novo campo sintético e demanda unha solución negociada ao peche do actual, polo elevado perigo que representa o viaduto da autovía A-52 que pasa por enriba do mesmo.

Asegura Ribeiro en Común que no último Pleno municipal, no que se abordou este problema, púxose de manifesto que "o goberno local, co seu alcalde á cabeza, está máis preocupado por crear un relato no que eles son vítimas dun agravio que de arranxar un problema no que o Concello ten boa parte de culpa". Aboga, polo tanto, o devandito grupo político por afondar na vía da negociación e na vía máis administrativa "e reducir a carga partidista neste asunto, pois está demostrado que o goberno local de Ribadavia é un dos culpables desta situación como 'promotor da obra' e polo tanto o que debe facer é chegar a un acordo e non buscar un litixio que perpetúe o peche do campo de herba sintética", aasegura.

Te puede interesar