política local

Ribeiro en Común reclama que se rehabiliten as vivendas públicas

reclama á Xunta  de Galicia que se priorice a reforma dos inmobles ruinosos que xa son propiedade do Concello de Ribadavia antes que investir diñeiro en comprar novos inmobles no casco histórico de Ribadavia

O grupo municipal Ribeiro en Común reclama á Xunta  de Galicia que se priorice a reforma dos inmobles ruinosos que xa son propiedade do Concello de Ribadavia antes que investir diñeiro en comprar novos inmobles no casco histórico de Ribadavia. Resposta así ao anuncio da Administración autonómica de que incluirá a Ribadavia no programa Rexurbe para adquirir e rehabilitar edificacións privadas en estado de abandono co fin de darlle utilidade.

"Non sería de recibo adquirir novos inmobles en Ribadavia para a súa reforma mentres desde o concello e a Xunta deixan que os inmobles de propiedade municipal continúen en estado ruinoso", sinala Ribeiro en Común. Engade que "as institucións están obrigadas a xestionar os recursos públicos de maneira eficiente e polo tanto debe comezarse reformando as vivendas municipais, xa de propiedade pública".

Te puede interesar