PLENO

Ribeiro en Común reclama o relevo do alcalde de Ribadavia

Si o PSdeG non asume o cambio, plantexa aos grupos a presentación dunha moción de censura

Sesión plenaria celebrada pola corporación municipal de Ribadavia.
Sesión plenaria celebrada pola corporación municipal de Ribadavia.
Ribeiro en Común reclama o relevo do alcalde de Ribadavia

O grupo municipal de Ribeiro en Común dirixíu unha proposta a todos os grupos que conforman a corporación municipal para "buscar fórmulas que leven fóra da alcaldía ao actual alcalde de Ribadavia Ignacio Gómez". Considera Ribeiro en Común que a estas altura o alcalde "deu demasiados exemplos e probas do que nunca debe facer un alcalde", polo que considera que "o señor Gómez non pode estar nin un día máis representando a esta institución como alcalde, está inhabilitado ética e políticamente".

Ribeiro en Común, acusa a Ignacio Gómez de despreciar os acordos acadados, de "sectarismo, comportamentos anti-éticos, linchamento a membros de representantes políticos e desprezo a estes representantes e á veciñanza que representan". Acusa ao rexidor de enfrontarse cos veciños e intentar intimidar aos que o critican e tamén de incumprir sistemáticamente as mocións e mandatos plenarios.

Ribeiro en Común censura ao alcalde pola súa "actitude antidemocrática, soberbia, irrespetuosa e arrogante, con faltas constantes de respecto aos demáis representantes políticos", e pon de manifesto a súa  "incapacidade" "para representar a Ribadavia e ao seu concello diante doutras administracións públicas, sendo un alcalde que sempre opta pola confrontación e a bronca en lugar de buscar acordos e colaboración".

Por todos estes motivos, Ribeiro en Común plantexa ao grupo municipal do PSdeG, que sustenta ao goberno, que lle retire o seu apoio ao actual alcalde e propoña un novo alcalde, ao que lle darán o seu apoio polo que resta de mandato. No caso de que o PSdeG non acepte esta proposta, Ribeiro en Común propón presentar unha moción de censura, asinada por sete concelleiros para relevar no cargo a Ignacio Gómez.

A Corporación municipal de Ribadavia esta conformada actualmente por cinco concelleiros do PSdeG, que goberna en minoría; cinco do Partido Popular, un de Ribeiro en Común, outro do BNG y outro de Compromiso por Galicia.