ENTREVISTAS

Roberto Pascual: "A MIT ten moito máis potencial para crecer pero non pode facelo sen recursos"

Ribadavia 19/07/2018.-Roberto Pascual, director del la MIT. José Paz
photo_camera Roberto Pascual.

El Director da Mostra Internacional de Teatro muestra las cualidades de la MIT en todas sus facetas

A vila deRibadavia volta a convertirse nestes días nun referente da escea mundial co desenvolvemento da Mostra. O seu director, Roberto Pascual, apórtanos algunhas claves para coñecer o traballo da organización.

¿Cómo valora a presente edición da Mostra?

Despois de levar a cabo un traballo de formiguiñas, conquerimos un dos obxectivos marcados, que é consolidar e mellorar a repercusión internacional do festival.

¿Cál é a relación coas compañías participantes?

Este ano tivemos unha adicación especial a Uruguai , que incluso enviou a un representante cultural, e grazas a ese intercambio estou invitado ó festival de Montevideo. E isto é moi bó, porque hai espectáculos, coma o que inaugurou a Mostra, que por estar aquí vai facer representacións  nos festivais de Olmedo e Peñíscola. Deste xeito, non só pensamos no ben da MIT senón tamén en abrir novos horizontes para o teatro galego.

Para sacar adiante un festival como a MIT, ¿hai moito traballo  previo?

Sí, un traballo de indagación, de moita escolla, de busca dun determinado estilo, de postas en escea vangardistas, pero tamén baseado nos pequenos detalles como que o festival sexa un punto de encontro agradable e ben decorado, ademais de poñer en valor o patrimonio da comarca do Ribeiro. A Mostra quere reafirmarse como elemento dinamizador social e económico da contorna, dentro dunha provincia do interior de Galicia coas súas realidades de despoboamento e dispersión,  e que pon unha vila como Ribadavia no epicentro da cultura.

¿Considera que o patrocinio do festival é suficiente?

Os integrantes das compañías e os espectadores que veñen á Mostra sempre nos preguntan como se pode organizar todo isto con recursos tan limitados. É sabido que sen a axuda do equipo de voluntarios e o apoio do Concello de Ribadavia non sería posible, porque optimizamos os recursos humanos. Pero un evento cultural desta dimensión pode crecer porque aínda ten moito máis potencial, pero elo non é posible se  non hai máis recursos económicos. Por elo, cada nova edición do festival debería vir acompañada por un incremento paulatino das axudas económicas. Por exemplo, a Xunta mantén sen subir a subvención dende hai seis anos.

Te puede interesar