O RIBEIRO

O San Roque navegará en Cortiñas

CASTRELO DE MIÑO (CORTIÑAS). 15/08/2018. OURENSE. La parroquia de Cortiñas, en Castrelo de Miño, celebra la 16ª edición de la "Festa da Cordoniz", cita gastronómica imprescindible en O Ribeiro que coincide con la celebración de las Fiestas de la Virgen de la Asunción y de San Roque. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera ¡A la rica codorniz!

Esta localidade de Castrelo de Miño despide as festas patronais ó mediodía coa tradicional procesión polas augas do Miño antes da misa solemne no Parque Náutico e, pola noite, coa última degustación de codornices e unha gran verbena

As festas na honra ó San Roque e á Virxe da Asunción chegan hoxe ó seu remate na localidade de Cortiñas, situada xunto á capitalidade municipal de Castrelo de Miño. Ademais, os veciños prepararán dende as oito da tarde as últimas braseiras de codornices para despedir a celebración gastronómica que comenzou o pasado martes. Tanto á brasa como en empanada, as persoas que se acheguen ó campo do Parque Náutico terán a oportunidade de degustar esta exquisita ave, acompañada de pan e viño da Denominación de Orixe Ribeiro. 

Unha cita, á da Festa da Codorniz, que nesta 16ª edición superou as expectativas de afluencia previstas pola organización, quen tamén se encarga de promover as actividades vencelladas cos festexos patronais. Deste xeito, a última xornada comeza hoxe cun pasarrúas a cargo da charanga Sorcha, estando prevista para as 12,00 horas a tradicional procesión fluvial do San Roque, na que o santo navegará no catamarán municipal polas augas do encoro do río Miño, acompañado por outras embarcacións e a propia agrupación musical. 

A continuación, trala chegada da comitiva ó pantalán de Castrelo, oficiaráse unha misa solemne na explanada do Parque Náutico. 
Xa pola noite, despois da derradeira proba de codornices desta edición, haberá unha gran verbena coa orquestra Alcázar para poñer o punto final a unha das festas máis emblemáticas de Castrelo.n
 

Te puede interesar