O RIBEIRO

Os sindicatos censuran un traslado de dous centros escolares

Engaden que "alén da masificación que mermará a calidade educativa, isto supón tamén a perda de postos de traballo e a incerteza do profesorado sobre o seu futuro máis inmediato".

A Xunta de Persoal Docente Non Universitario de Ourense, formada polos sindicatos CIG, CCOO, ANPE, FETE-UGT e STEG acaban de expresar "o seu rexeitamento" ao traslado das ensinanzas da ESO do CPI Tomás de Lemos ao IES O Ribeiro de Ribadavia.

Despois da unificación dos dous institutos, a Consellería de Educación anuncia agora este traslado de alumnado "que convertirá o CPI Tomás de Lemos nun centro de primaria e masificará o IES O Ribeiro co alumnado trasladado, xa que ficará como o único centro de Secundaria da comarca do Ribeiro", segundo din os sindicatos nunha nota.

Engaden que "alén da masificación que mermará a calidade educativa, isto supón tamén a perda de postos de traballo e a incerteza do profesorado sobre o seu futuro máis inmediato". Os representantes sindicais tamén tildan de "deleznable" a ausencia de información oficial da consellería sobre este traslado. 

Te puede interesar