O RIBEIRO

Un taller adestra o gusto e olfato na cata de viños

20190322212113761_result
photo_camera José Ángel Martínez, Rodrigo Aparicio e Daniel Fornos.

O Hotel Balneario Arnoia Caldaria acolleu este venres un taller práctico sobre as características dos viños amparados polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, baixo o título Aromas do Ribeiro

Esta acción, desenvolvida pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), encádrase no marco do "Plan de Transferencia para o apoio ás actividades de demostración e información ao Agro Galego 2019". 

Na mesma colaboraron ademais o Concello de Arnoia e Fundación Juana de Vega. Neste taller práctico os asistentes puideron coñecer os procesos de adestramento do olfacto e o gusto a través do recoñecemento de descriptores básicos dos viños do Ribeiro, tanto brancos coma tintos. Coñeceron as moléculas responsables dos principais atributos así como a orixe e mecanismos da súa aparición; aprenderon a detectar o limiar de percepción de cada atributo e a coñecer como se manifestan en positivo estes atributos nos viños correctos. Asistiron 34 alumnos e foi impartido por José Daniel Fornos  e por Juan Carlos Vázquez.

Te puede interesar