cultura

Un total de 1.500 persoas disfrutaron co Arteficial

<p></p>
photo_camera Actuación do grupo musical Oh!Ayatollah no festival de Ribadavia.

Outro actividade do programa que tivo unha moi boa acollida foi a colaboración de Arteficial co festival de poesía Kerouac

Os organizadores do festival Arteficial, que tivo lugar en Ribadavia o pasado 1 de setembro, aseguran estar "moi contentos" cos resultados acadados na súa duodécima edición. Neste sentido, suliñan que "trouxo consigo un novo récord de asistencia, con case 1.500 persoas que se achegaron ao centro histórico da vila", destancando que o mercado de sementes e as actividades para crianzas tamén foron responsables deste éxito.

Ó respecto, Jesús Veiga, voceiro da asociación Arteficial, apunta que "moitas nenas e nenos desfrutaron de xogos nos que, ademáis de divertirse, aprenderon a crear froitas con fíos e pinturas". Ademais, a organización resalta a calidade dos músicos que conformaron o programa dos escenarios da contorna da Madalena, como Guau, Labaq, Sara Fontán, Big Ok, Oh! Ayatollah, Pantis e Whales.

Outro actividade do programa que tivo unha moi boa acollida foi a colaboración de Arteficial co festival de poesía Kerouac, con catro poetas subidos aos balcóns das casas da praza da Madalena para recitar os seus versos.

Te puede interesar