Infraestruturas

Trece localidades do rural contan con pistas novas en Ribadavia

O investimento global ascendeu a uns 75.000 euros, dos cales 35.000 saen das arcas municipais, segundo o convenio asinado por ambas institucións

Un total de 13 localidades do rural do municipio de Ribadavia xa dispoñen dun novo pavimentado nas súas rúas e pistas de enlace, unha vez rematado o programa de colaboración que levaron a cabo o Concello e a Deputación provincial ó longo do verán. Deste xeito, xa concluiron as obras de asfaltado do firme nos núcleos que estaban previstos neste plan, nas parroquias de San Cristovo, Francelos, Prexigueiro, A Grova, As Chavolas, Esposende e San Paio, e que comezaron no pasado mes de xullo.

Operarios da Deputación provincial foron os responsables de executar os traballos coa súa propia maquinaria, mentres o Concello ribadaviense aportou o material necesario. O investimento global ascendeu a uns 75.000 euros, dos cales 35.000 saen das arcas municipais, segundo o convenio asinado por ambas institucións.

Te puede interesar