VITICULTURA

Xornada da Estación de Viticultura sobre pragas

Persigue concienciar ao sector vitivinícola da importancia dun control baseado na redución dos fitosanitarios

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) desenvolve hoxe unha xornada técnica sobre a xestión de pragas e enfermidades do viñedo en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, a Asociación Galega de Enólogos e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria, que terá lugar na Casa da Cultura de Ribadavia como actividade complementaria á 54ª Feira do Viño do Ribeiro.

Esta xornada formativa persegue a concienciación do sector sobre a importancia dun control de pragas e enfermidades baseado na menor utilización de produtos fitosanitarios. Para elo, abordaranse as normas que perseguen unha explotación sostible e respectuosa dos recursos. Así, no marco da xestión integrada, prohíbese aplicar calendarios de tratamentos á marxe das que estean xustificadas, ben con fins preventivos ou ben cando a praga ou enfermidade presente un limiar que o aconselle. Todos os tratamentos figurarán anotados no “caderno de explotación” cuxa actualización é obrigatoria desde o 1 de xaneiro de 2013. Ao mesmo tempo daranse a coñecer os avances no coñecemento científico e técnico no control de pragas. 

Te puede interesar