FESTIVAL DE CINE

Unha sección do OUFF estreará as mellores curtas galegas

As películas alternaranse do día 30 de novembro ao 4 de decembro en dobre sesión, a primeira ás 18,00 horas e a seguinte ás 20,30 horas

 

A 23ª edición de Festival Internacional de Cine de Ourense inaugurará unha sección na que se estreará as mellores curtametraxes galegas. Este concurso para creadores galegos, " OUFF En Curto", será unha das novidades desta edición.

Un total de 24 curtas foron as seleccionadas, todas feitas en Galicia ou dirixidas a persoas galegas e estreadas a partir do 2017. Miguel Grandío, un dos coordinadores, destaca que "as seleccionadas teñen un gran nivel e todas as propostas eran moi innovadoras. Está claro que hai futuro no audiovisual galego".

As proxeccións desta sección faranse no Marcos Valcárcel e serán totalmente gratuítas. Haberá tres bloques: dous con curtas de ficción e un de tipo documental-experimental. As películas alternaranse do día 30 de novembro ao 4 de decembro en dobre sesión, a primeira ás 18,00 horas e a seguinte ás 20,30 horas. 

Te puede interesar