LIMPEZA

A Xunta limpa un punto de vertidos incontrolados en Pereiro de Aguiar

20171109_122908_result
photo_camera Imaxe da zona de San Juan onde son moitos os que tiran residuos de xeito indiscriminado.

A zona afectada é San Juan, onde co paso do tempo se foron acumulando todo tipo de residuos contaminantes

A Consellería de Medio Ambiente comezou esta semana a limpeza dun punto de vertidos incontrolados no concello ourensán de Pereiro de Aguiar.

Na zona, no lugar de San Juan, fóronse acumulando diferentes residuos como restos de obras, vidro, plásticos ou pneumáticos, entre moitos outros, que diferentes persoas verteron ao longo de moito tempo.

Para rehabilitar a zona de novo, recollerase o lixo, que será clasificado en función dos materiais e tamén se procederá a unha revexetación da zona para que recupere a súa natureza. O custo total desta limpeza é de 6.000 euros.

Esta actuación medioambiental enmárcase nunha campaña da Xunta, dotada de máis de 800.000 euros, cos que se espera erradicar 140 vertedoiros incontrolados.

Te puede interesar