COLABORACIÓN

Abanca e o polígono de Pereiro reforzan os lazos

Renovación do acordo entre a entidade e os empresarios da zona para poder seguir desfrutando de  moitas vantaxes

Abanca e a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial Pereiro de Aguiar reforzan a súa colaboración tras a renovación do convenio financeiro que permite impulsar, principalmente a través do crédito, o investimento e a competitividade das empresas emprazadas neste enclave industrial.

O presidente dos empresarios de Pereiro de Aguiar, Eduardo Cid Fernández, e o director de zona de Abanca en Ourense Este, Diego Fernández Borrajo, selaron onte en Ourense o acordo , que facilita que os empresarios e emprendedores deste polígono do Pereiro accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado.

A entidade bancaria ofrece  condicións particulares na súa oferta xeral aos asociados e produtos especificamente deseñados para este colectivo. 

Así, poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais, confirming, factoring ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior.

O acordo tamén recolle unha oferta mellorada para a contratación de TPV–para pagar con tarxeta– da entidade e bonos que permiten que os comercios paguen unha cantidade fixa todos os meses. 

Os empresarios asociados poderán acceder ao novo servizo de financiamento instantáneo no punto de venta de Abanca, o servizo Aplazos, terán coberturas de prezos sobre o gasoil, e máis vantaxes, como o acceso ao Programa Cero Comisións de Abanca. 

Te puede interesar