certame

Ábrese o prazo para participar no Premio Xabier Prado Lameiro

O acto de entrega do premio farase preferentemente arredor do 5 de outubro de cada ano

A Coral de Ruada abriu onte o prazo de presentación de candidaturas -que pecharase o 15 de setembro-  ao Premio Xabier Prado Lameiro, de periodicidade anual e que, organizado en colaboración co Concello de Ourense, pretende premiar o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galega.

O acto de entrega do premio farase preferentemente arredor do 5 de outubro de cada ano -aniversario da reunión fundancional do Coro de Ruada que tivo lugar na Vila Joaquina da avenida de Zamora-.

Os interesados poden presentar as súas candidaturas mediante o correo electrónico "[email protected]" ou o correo ordinario (Coral de  Ruada; Rúa da Paz, 9; 32005 Ourense).n

Te puede interesar