INVIERNO

Aemet eleva o aviso polo temporal a nivel vermello en Ourense

Además da provincia ourensá, tamén están en alerta Lugo e Pontevedra, a partir das 18:00 horas con rachas de vento de hata 140 km/h

A Axencia Española de Meteoroloxía (Aemet) elevou a nivel vermello o aviso en varios puntos das provincias galegas de Lugo, Ourense e Pontevedra pola incidencia do temporal "Ana", que podería deixar nesas zonas ventos de até 140 quilómetros por hora.

Así, segundo informou a Xunta, o nivel de alerta pasará a ser vermello a partir das 18:00 horas deste domingo nas Rías Baixas, O Miño, no interior da provincia de Pontevedra, a montaña de Ourense e a montaña de Lugo.

Nestes puntos, os refachos de vento poderían alcanzar os 140 quilómetros por hora. A Xunta instou á poboación a extremar as precaucións nas zonas costeiras, así como a estar alerta ante a posible caída de obxectos desde balcóns e ventans.

Este domingo chegou a Galicia unha borrasca profunda, denominada `Ana`, situada no cuadrante noroccidental da Península Ibérica que está a deixar fortes ventos e choivas no litoral e zonas altas de Galicia. Aínda que amainarán o luns, prevese que continúe a inestabilidade, con chuvascos xeneralizados.

Te puede interesar