MAGOSTOS

O alcalde convida a desfrutar dos Magostos cunha serie de recomendacións

Jesús Vázquez, o rexidor da cidade, emitiu un bando no que puxo de manifesto unha serie de recomendacións para a celebración da festa e  poder evitar danos. 

O alcalde da cidade emitiu un bando no que, ademáis de convidar aos veciños e veciñas a desfrutar da festa dos Magostos, convidou a que durante a celebración haxa "un uso modélico dos espazos públicos". Para iso, deu unhas recomendacións que rexerán durante o periodo no que teña lugar este acontecemento de interese turístico. 

Explica que os Magostos nos que se prevea unha importante afluencia de xente, como os organizados por asociacións veciñais ou mesmo calquera outra entidade sen animo de lucro, deberán ser comunicados á Concellería de Participación Cidadá cunha antelación de 10 días. Tamén se informa que os familiares ou de grupos pequenos non teñen porque comunicarse. 

Se deberá solicitar unha autorización para calquera activade económica que utilice solo público e que os responsables dela deberán coñecer os números de teléfono de Bombeiros, Policía Local e Emerxencias. 

Se informa que está prohibido quemar neumáticos, plástico ou calquera substancia que poda desprender fume tóxico. Tamén que por precaución, as fogueiras e parrillas terán que situarse suficientemente lonxe de árbores, vehículos e mobiliario urbano para evitar danos. 

Tamén se recomenda que as beirarrúas queden libres para non dificultar o tránsito de persoas e que as saídas e viais de emerxencias queden libres. 

Tamén se informa que a hora límite para rematar a celebración é as 3:30 horas da madrugada e que a Policía Local será a encargada de velar polo cumprimento. 

Te puede interesar