CONCELLO DE OURENSE

O alcalde invita a unha nova reunión para "aclarar as modificacións de crédito"

Jesús Vázquez explicou nunha rolda de prensa que non se pecha a negociar con ningún grupo aprobar as novas partidas

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, explicou nunha rolda de prensa na sala de plenos do Concello de Ourense que non se pecha a negociar con ningún grupo político para poder aprobar as modificacións de crédito de máis de medio millón de euros para servicios xerais.

O rexidor municipal invita o portavoz socialista, Vázquez Barquero, a unha nova reunión para aclarar o tema das modificacións. Xa que o socialista denunciou a falta de información desta aprobación e a postura negativa do seu partido para dita aprobación.

"Non houbo engano e estou disposto a dar as explicacións necesarias e precisas", rematou o alcalde nun mensaxe enviado o portavoz do Grupo Socialista de Ourense.

Te puede interesar