XUNTA DE GOBERNO

O alcalde ve imposible os orzamentos municipais para este ano

Jesús Vázquez informou na rolda de prensa que esperan que en 2017 se esté traballando na rehabilitación da praza. Tamén de que a sentenza da a razón ao Concello no tema do derribo da casa de Reza. 

Na rolda posterior a xunta de goberno, o alcalde informou que se aprobou o expediente para contratar a execución do traslado provisional da praza de Abastos e a cantidade a invertir nesta anualidade, 726.000 euros. A idea é que en 2017 se esté traballando na rehabilitación da praza. 

Tamén se deu a licenza de obra para o centro interxeneracional que se construirá na rúa Ramón Abellás e que financiará a Fundación Amancio Ortega, que tamén asumirá o equipamento. Será un centro pioneiro polo seu plantexamento porque o centro de maiores e o destinado aos nenos non serán elementos pechados nin opacos. Estas obras comezarán xa neste verán para poder traballar no interior no inverno.

Na mesma xunta de goberno se informou da sentenza que volve a dar a razón ó Concello no tema do derribo da casa de Reza e que obliga á familia a asumir os costes do proceso xudicial, uns 1.000 euros.

No referente aos orzamentos municipais o alcalde asume que para este ano será imposible.

Te puede interesar