CULTURA - ARTE

Alexandro regresa á cidade coa tristura da terra queimada

Inaugura no Valcárcel "Lume", unha reflexión sobre a amargura e soidade que deixan os incendios 

Alejandro González Cruz (Ourense, 1945), Alexandro, regresa á ciudade. O pintor, residente en Muxía dende hai anos, inaugura "Lume" no centro cultural Marcos Valcárcel, mañá ás 20,00 horas. Son unha ducia de pezas de gran formato e unha vintena de debuxos que levan ao espectador ata a angustia e tristura que deixan os paisaxes abrasados. Son calquera monte galego queimado. Tamén calquera aldea do rural, porque Alexandro pinta esa Galicia que esmorece. E a soidade pesa na mostra que, deixa claro, "non é ninguna denuncia". Atopar beleza nas cinzas é unha tarea que lle levou anos. 

A cor negra está presente, aínda que da pinceladas en tons grises, azuis e ocres. É un intento de "amabilidade" coa paisaxe, tal e como confesa o artista. Dalgún xeito, pinta menos fea a desgracia dos incendios forestais. "Comecei a pensar nesta historia do lume cando vin aqueles montes queimados no 2005 na Costa da Morte. É preciosa a plasticidade desa paisaxe. Significa ruina ambiental, ecolóxica...e o animal que fixo iso un imbécil. Pero trato non facer denuncia diso na exposición. O que me interesaba é xogar coas cores, plásticamente. Aínda que non poida entender a unha besta que queima o monte". 

Falando de bestas, considera que puido ser máis duro. "Máis gris e máis terrible, pero pareceume suficiente como quedan os piñeiros queimados para non engadirlle tanta tristura", añade. Con todo, as figuras humanas–incendiario e vítima–no monte debuxado–, transmiten esa angustia. A mostra exhibirase ata o 21 de abril. Alexandro. Ourense (JOSÉ PAZ),.


Alexandro: "Non busco unha denuncia, intento transmitir esa tristura da paisaxe"


"Transmito esa tristura que me amarga cando vexo o monte así. Pésame a alma. Eu son amante da natureza. Non podo entender ese acoso ao clima, aos bichos... cabréame. Estou nese punto de cabreo pero non é a intención denunciar", explica o artista Alexandro diante dunha das pezas de gran formato, aínda sen colgar nas paredes do centro cultural Marcos Valcárcel. 

Foi un proceso lento?

Dende o 2006 levo dandolle voltas a esta exposición. Nas telas empecei a traballar en 2016 e o 2018 adiqueino todo o a pintar esta obra. 

Empezou cos incendios da Costa da Morte a principios de século. Pero, a mostra representa só esas paisaxes?

Non. É o monte queimado. Dame igual onde. Por exemplo, fixen unha viaxe a Verín hai dous anos e impresionoume.

Agora que ten as obras diante, rematadas. Ten unha sensación diferente da que pensaba?

Non, penso que o faría doutro xeito. Sempre que rematas un cadro hai que darlle a volta. O que vou facer a partir de agora no meu taller non ten nada que ver con isto. Exprimínme. A outra historia, que non sei que vou facer.

Transmiten angustia, máis coa incorporación de siluetas humanas.

Si, daquel que quere escapar. O blanco e negro está moi buscado porque son as cores da tristeza.

Nas pezas vese á vítima e ao verdugo dos montes.

Aquí vese moi ben a man do home. O incendiario. Pero isto tamén simboliza a soidade absoluta. Somos parte da natureza. Son o bo rapaz ou o fillo de puta. 

Te puede interesar