CULTURA

Alfredo Conde, "fillo predilecto de Ourense"

Unha distinción coa que se pretende recoñecer o traballo do escritor alaricano aprol da defensa da cultura ourensá

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, proporá que o escritor alaricano Alfredo Conde sexa nomeado "Fillo predilecto da provincia de Ourense". Unha distinción coa que se recoñece o seu traballo de "defensa da cultura ourensá ao longo da súa carreira e como embaixador da intelectualidade da provincia", sinalaba o presidente da Deputación.

A súa obra, entre a que destacan obras como "Xa vai o griffón no vento", "Os outros días" ou " Breixo, e O Beato" foron traducidas ao inglés, italiano, chino, francés e ruso.

Escritor, político e historiador, Alfredo Conde foi galardonado co Nadal e o "Julio Camba" en literatura, e co "Fernández Latorre" no ámbito periodístico.

Te puede interesar