ENTREVISTA

Alonso Caxade: “Atópome cómodo coas etiquetas que nos colgan, indie, folk ou música pop"

20170628192824853_result
photo_camera Alonso Caxade, segundo pola esquerda.

Esta noite, o artista de Ames actúa na Praza Maior, a partir das 22,30 horas, xunto a Orquestrada e Sonoro Maxín

A Alonso Caxade (Ames, 1981), líder da banda que recibe o seu apelido como nome, non lle importan as etiquetas, nin que os tachen de facer indie, folk ou pop, porque di "non se casou con ninguén", e estas tres correntes "ben nos representan". Esta noite, Caxade actúa na Praza Maior, a partir das 22,30 horas, xunto a Orquestrada e Sonoro Maxín.

Como nace Caxade?

É un proxecto que nace dun traballo persoal e individual na casa, feito con moito cariño pero con poucos recursos. Conforme comecei a publicar videos en Youtube notei que a xente ía demandando máis, ata pedir que se formase unha banda e deramos concertos .

En certo modo, foi casual o voso comezo...

Poderíase dicir que si, pero con esta formación atopei a comodidade, e a proba é que conto cos mesmos músicos dende o primeiro concerto.

E xa pasaron catro anos...

Exactamente, levamos catro anos nos que xa publicamos tres discos, un deuvedé cun directo, e demos uns 150 concertos.

Indies ou folkies son algunhas das etiquetas que lles relacionan, atópanse cómodos con elas?

Creo que as etiquetas poden ser válidas e interesantes. Ademáis serven para facer unha sinopse do que fai o grupo, e eu atópome cómodo con calquera das etiquetas que nos teñen colgado. O folk é de onde veño, o indie é independente e eu non lle debo nada a ningún estilo nin estou casado con ninguén, e o pop garda a orixinalidade. Síntome cómodo con calquera destas etiquetas.

Serven de azote social as súas letras?

Eu agardo que si. A idea é que estas letras servan para resumir as cousas. A xente pequena facendo cousas pequenas, en sitios pequenos, crean cousas grandes. Este proxecto non vai ser a revolución, pero esa non é a idea, senón sumalo a esas reivindicacións do resto da xente.

Que cree que hai cambiar?

Vivimos nun mundo no que hai unhas diferencias sociais moi grandes, parece que estemos ao servizo das multinacionais en vez de ao servizo do pobo e do cidadán de a pé. Precisamos xente respetuosa co seu entorno. 

Te puede interesar