transporte

Amoeiro volve ter servizo de autobuses regulares

<p></p>
photo_camera A empresa Alfer é unha das que presta servizo por Amoeiro.

Tras máis dun mes inoperativo, xa ten tres liñas en conexión coa cidade

Tras os desbaraxustes iniciais coa implantación do Plan de Transporte de viaxeiros por estrada, os veciños de Amoeiro volven ter operativas as liñas de autobús, unha vez que desde o Concello se asumiron as negociacións. As empresas Alfer e Autos González xa levan unha semana prestando o servizo con aparente normalidade. Ademais destes servizos de transporte regular colectivo de viaxeiros, segue en marcha o transporte escolar, realizado pola empresa Monbús ao non ter sido un dos contratos adxudicados no verán.

"Amoeiro propuxo múltiples alternativas e ata dúas alegacións ante as propostas da Xunta sen que esta respondese a ningunha de elas", manifestou o alcalde, Rafael Rodríguez, que en ningún momento escondeu o desagrado co plan, que non atende, segas necesidades que plantexaron nun inicio.

Tras os problemas durante o mes de agosto, cando numerosos usuarios quedaron en terra ao non asumir ninguén as liñas de Amoeiro no contrato de comarca de Ourense, finalmente xa desde a segunda quincena de setembro veñen funcionando con regularidade os horarios dos tres servizos que conectan o municipio coa cidade.

"É hora de que a cidadanía use e valore os horarios e rutas aos que poden acceder neste momento, e transmitan o seu sentir ao Concello", salientou o alcalde.

Unha vez recibidas as impresións da veciñanza sobre aos cambios que se tivesen que facer, o Concello comprometeuse a darlles resposta de xeito individual ou con reunións.

Mentres , seguirán funcionando os servizos que xa se veñen presetando con normalidade durante estes días. Unha liña circular con saída e chegada en Ourense; outra que conecta a cidade por Vilar de Astrés, e unha liña entre Ourense e Ponte Mandrás, con parada en Amoeiro. 

Te puede interesar