obras

Ampliación do paseo fluvial da marxe dereita do río Miño nos Peares

O proxecto ten un presuposto de 300.000 euros e inclúe a mellora dos accesos á estación de ferrocarril

O Consello da Xunta probou onte un investimento de 300.000 euros nun proxecto que ten como obxectivo a ampliación do paseo fluvial existente na marxe dereita do río Miño ao seu paso por Os Peares, así como a mellora dos accesos á estación de ferrocarril. A obra será posible gracias a un convenio que asinarán a Consellería de Infraestruturas e Vivenda e o Consorcio do Peares. O Consorcio dos Peares está integrado pola Xunta de Galicia, as Deputacións de Ourense e Lugo, ademáis dos concellos de A Peroxa e Nogueira de Ramuín, na provincia de Ourense, e Pantón e Carballedo, na provincia de Lugo.

As actuacións abordarán a ampliación do paseo e a reparación das luminarias na marxe dereita do río Miño e na marxe esquerda do río Búbal, , así como a adecuación da vía que dá acceso á estación do ferrocarril. 

Os traballos consistirán na pavimentación do acceso á estación de ferrocarril, a rehabilitando o firme da estrada que une o centro de saúde dos Peares coa estación, así como dos camiños que se atopan na súa contorna. Nese contorno actuarase tamén para mellorar a seguridade, substituíndo o actual muro de cachotaría de contención por un muro de formigón armado con varanda de aceiro para protección.

E, na marxe dereita do Miño, prevese ampliar o paseo existente, ampliar do muro de cachotaría sobre o cal se asenta a plataforma do camiño e a instalación de iluminación da zona con lámpadas led. Ademais, repararanse as luminarias mal estado.

Te puede interesar