SOLIDARIDAD

Andaina solidaria en Seixalbo para captar fondos contra a fibromialxia

photo_camera Rosendo Fernández, Marina Añel, Leo Quintas, Mª José Justel y Bernardino González, en la presentación de la andaina.

A proba presenta dúas posibles rutas, unha curta cun percorrido de 4 quilómetros e unha longa cunha distancia de 14 quilómetros

A Asociación de Fibromialxia, Fatiga rónica e Sensibilidade química múltiple de Ourense organiza unha andaina solidaria o vindeiro domingo, 28 de maio, por Seixalbo, iniciativa na que colabora a Deputación de Ourense.

A proba presenta dúas posibles rutas, unha curta cun percorrido de 4 quilómetros e unha longa cunha distancia de 14 quilómetros. Tanto a saída da andaina como a chegada terán lugar no Pazo dos Deportes “Paco Paz”. A proba comezará ás 10.00 horas, aínda que a entrega de dorsais efectuarase 30 minutos antes da saída.

Os interesados en participar poderán inscribirse por un custe de 5 euros destinados a AFFOU. A inscrición inclúe un avituallamento na ruta longa, aperitivos ao remate da proba, así como a participación nos sorteos que se realizarán ese día.

Te puede interesar