RECOÑECEMENTO

Un antigo muíño de Allariz para albergar a sede dun deporte minoritario?

acuarela
photo_camera Imaxe do proxecto dunha ourensana

É un proxecto dunha alumna da Escola Antonio Faílde e vén de gañar o primeiro premio Mestre 2017, o único que se outorga para todas as especialidades destas ensinanzas e entre escolas de toda España 

Ledicia Veloso, alumna de Ensinanzas Superiores de Deseño de Interiores da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde, ven de gañar o primeiro premio Mestre 2017. E

stes galardóns, organizados pola Confederación de Escuelas de Artes Plásticas e Deseño de España, teñen varias categorías, pero o recoñecemento recibido pola ourensana é aínda máis meritorio porque é un único premio que se outorga para todalas especialidades de estas ensinanzas e entre escolas de todo o Estado.

No proxecto de Ledicia, un antigo muíño fariñeiro en Allariz, que tamén funcionou como minicentral tras a desaparición do antigo oficio, rehabilitaríase aportándolle un novo uso, tamén intimamente vinculado ao río.

Converteríase en club de piragüismo. A proposta respeta ao edificio existente e enfatiza os seus valores etnográficos e culturais. Os novos materiais, respectuosos co medio ambiente e facilmente reciclables, dialogan coa beleza da pedra e a serenidade da auga, obtendo espazos cálidos e harmónicos.

"Un muíño con tres pedras de moer que eran a envexa de moitos outros muíños, un muíño que escoitou cancións no seu interior, que acubillou reunións de pobo, que foi testemuña de decisións entre veciños, que albergou secretos [...] Pero unha ruína pola que aínda flúe a auga, e do mesmo xeito que o sangue mantén vivo un organismo, esta auga volverá darlle vida", explica Ledicia Veloso na descripción do seu proxecto.

Así mesmo, na idea orixinal apunta o motivo de promocionar "un deporte minoritario como é o piragüismo", algo que levaría facendo durante décadas o club de piragüismo Allariz. Desta forma, o deseño da ourensana permitiría situar o clube nun novo espazo apto para o desenvolvemento desta actividade. 

Nesta ligazón, poden consultarse todos os detalles do proxecto de Ledicia Veloso.

Te puede interesar