ENTROIDO EN PARADA DE SIL

Os Ánxeos reparten alegría e bo humor por todas as aldeas de Parada de Sil

OURENSE. 25.02.2017. PARADA DE SIL, AMBIENTE SABADO DE ENTROIDO. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Alegría, orixinalidade e diversidade de disfraces neste grupo.

Esta figura tradicional do Entroido no Concello recorre todas as aldeas

As aldeas de Parada de Sil viviron onte unha xornada diferente. A figura tradicional do Entroido desta zona, Os Ánxeos, recorreron as poboacións do Concello levando alegría e bo humor. Deste xeito Parada de Sil súmase á celebración dunha festa que está profundamente arraigada na provincia de Ourense e de xeito moi especial nas zonas rurais. Parada de Sil, como en tódolos rincóns da provincia, tamén recuperan as súas figuras tradicionais para disfrutar dunha celebración, compartindo alegría e bromas cos veciños. 

Así, onte un numeroso grupo de veciños retomaron o devandjito personaxe tradicional. Tamén aquí nesta zona da Ribeira Sacra o bo tempo acompañou e o sol brillou durante toda a xornada. Esto fixo que moitos veciños se animaran e mostraran a súa creatividade e bó humor con disfraces, tanto por Parada de Sil como por todas as aldeas, sumándose deste xeito á celebración da festa.

O Entroido continuará vixente durante estes días en Parada de Sil, que terá tamén no próx  imo martes, día 28, o día grande e no que  se implican boa parte dos veciños da vila.

Te puede interesar