ENTREVISTA

Anxo Lugilde: "Pablo Iglesias veu como asesor de AGE, e sen esta experiencia Podemos non existiría"

EL PRERIODISTA Y ANALISTA POLITICO, ANXO LUGILDE CON SU LIBRO DE BEIRAS A PODEMOS, A POLITICA GALEGA NOS TEMPOS DA TROIKA
OSCAR CORRAL
05/03/15
photo_camera Anxo Lugilde.

O libro de Anxo Lugilde preséntase hoxe, ás 20,00 horas, na planta baixa do Centro Comercial "Ponte Vella".

Coas eleccións municipais á volta da esquina, e preto de cumplirse o primeiro ano dende o "efecto Podemos" nas europeas de 2014, o escritor e recente gañador do premio de xornalismo "Puro Cora", Anxo Lugilde, vén de publicar "De Beiras a Podemos. A política galega nos tempos da troika (2012-2014)", unha obra na que fai unha reflexión sobre o papel de AGE na constitución do partido de Pablo Iglesias. O libro preséntase hoxe, ás 20,00 horas, na planta baixa do Centro Comercial "Ponte Vella".

Que teñen que ver AGE e Podemos?

Para explicar as europeas de 2014 é necesario retrotraerse ás autonómicas de 2012. A chegada da indignación ás urnas o ano pasado ten como protagonista a Pablo Iglesias, que seguiu o que aprendeu de Beiras na campaña de AGE. Pablo veu a Galicia en 2012 como asesor de Esquerda Unida para a campaña das autonómicas, e remata en AGE trala fusión de EU con Anova. El ten dito varias veces que sen esta experiencia, Podemos non existiría, e isto é algo levado case ao nivel de segredo en Madrid, onde parece estraño que algo calificado de positivo e innovador viñera de tan lonxe.

Que inspirou a Pablo Iglesias?

En Galicia, Pablo tomou nota de que as cousas se podían facer a nivel electoral, identificando dous elementos: unha mensaxe centrada en indignación e cun discurso moi radicalizado nas formas e nos beizos dun líder moi carismático como era Beiras. Podemos aproveitou o desacougo social e tal como fixera Beiras nas autonómicas, levou a indignación das prazas ás urnas. Con todo, a chave non está tanto no éxito de Podemos, senón na podremia do sistema, ata o punto de que penso que a nova do 2014 non foi o 8% que acadou Podemos, senón que é que por primeira vez en España, PP e PSOE non chegaron ao 50%. Nunca pensei que o seu efecto chegara a tal nivel.

Como ve o escenario político de cara ás municipais en Ourense?

O que vexo é que é onde o PP ten máis opcións de acadar unha alcaldía dentro das cidades, xa que ten con quen pactar, Democracia Ourensana. Trala desfeita do PSdeG, é o lugar onde a marea de Ourense en Común ten un espazo onde actuar, pero coido que non é das que máis adiantadas está en Galicia. Aínda así, é moito máis importante a análise do escenario político que o tempo de traballo. Pasando ao rural, se se quere rematar co bipartidismo, terían que aparecer novas candidaturas, e o que había ata agora é o BNG e Compromiso por Galicia. É interesante que Ourense sempre é o único reducto, incluso na esquerda, xa que vimos que o BNG só superou a AGE na provincia nas autonómicas, e que xunto a Lugo, supera a Podemos nas europeas. Esa é a constante electoral da provincia.

Te puede interesar