PROMOCIÓN

A Unión Europea aproba un proxecto de máis dun millón de euros no que participa o Inorde

O proxecto, no que participa con institucións de outros países europeos, ten como obxectivo a protección do patrimonio cultural en zonas de montaña. 

A Unión Europea arpobou un proxecto de 1.119.250 euros no que participa o Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico) que ten por obxectivo a protección do patrimonio cultural das zonas de montaña. 

Unha iniciativa denominada CRinMA que pertence ao programa Interreg Europa e no que o instituto depdendente da Deputación de Ourense participa como socio xunto a institucións de Polonia, Eslovaquia, Portugal, Francia e Italia. 

Neste proxecto hai tres obxectivos que son o fortalecemento da identidade local baseada no patrimonio cultural nas rexións montañosas da fronteira, a mellora na protección e uso sustentable do patrimonio cultural nas zonas de montaña e a mellora da promoción e transformación creativa do patrimonio cultural nas zonas de montaña. 

A partir de agora o Inorde cos seus socios de proxecto ten como liñas de actuación a elaboración de plans de desenvolvemento rexional, organizacións de mesas temáticas, conferencias, accións de publicidade e difusión realización dunha páxina web do proxecto e implantación de novas tecnoloxías. 

Te puede interesar