SUCESO / OURENSE

Asaltan a punta de navalla a unha persoa na cidade

Os detidos son dous varóns de 19 e 22 anos de idade os que lle constan varias detencións anteriores

Axentes da Policía Nacional detiveron dous mozos como presuntos autores do asalto a punta de navalla a unha persoa nunha rúa de Ourense.

Segundo informou a Policía Nacional, estas dúas persoas están acusadas dun delito de roubo con violencia. Un dos detidos tamén é o presunto autor doutros dous roubos con violencia.

Os feitos que motivaron a detención sucederon sobre as 22,55 horas do pasado día 8 cando a vítima camiñaba pola rúa Saenz Díez, onde foi abordada por dous homes que o intimidaron cunha navalla e conseguiron subtraer o diñeiro que portaba.

Coñecidos estes datos, o Grupo de Investigación da Comisaría Provincial de Ourense iniciou as investigacións correspondentes co fin de identificar e localizar os presuntos autores do roubo.

O froito das devanditas investigacións foi a detención o luns dos presuntos autores do roubo con violencia, que foron trasladados a comisaría para continuar coas dilixencias oportunas.

Un dos detidos está considerado como o presunto autor doutros dous roubos con violencia, un deles acontecido o pasado día 5 na rúa do Paseo, cando intimidou un viandante e lle subtraeu o teléfono móbil.

O outro roubo cometeuno o seguinte día, sobre as 10,50 horas, nunha perfumaría da cidade, cando se apoderou dunha caixa de colonia e, tras forcexar cunha das empregadas, logrou fuxir do lugar.

Os detidos son dous varóns de 19 e 22 anos de idade. A un deles cónstalle un arresto anterior. Tras pasar a disposición xudicial este martes, quedaron en liberdade.

Te puede interesar