CULTURA

¡A bailar ca danza contemporánea en Ourense!

Sólodos Danza
photo_camera Presentación de Sólodos danza.

Cúmprese a terceira edición da cita Sólodos en Danza que terá lugar o 23 e 24 de novembro no Auditorio municipal de Ourense

A terceira edición do festival Sólodos en danza, que se celebra no Auditorio municipal os 23 e 24 de novembro, reunirá en Ourense os mellores expoñentes da danza contemporánea internacional. En dous días desfilarán polo espazo municipal artistas de 12 comunidades autónomas españolas, pero tamén de Portugal, México e Costa Rica, entre outros. 

Maruxa Salas, a metade de Sólodos, resaltou na presentación a oportunidade que supón este festival para coñecer os novos valores da danza: “O festival Sólodos en danza cos seguintes artistas e compañías convidadas: Tejido Conectivo (Andrea Amor e Miguel Ángel Punzano); Iron Skulls (Agnés Sales, Héctor Plaza, Diego Garrido, Adrián Vega e Moisés-Moe) e Cía Exire con Alba Fernández Cotelo, gañadora da pasada edición do Certame e protagonista do cartel da presente edición.

Entre as actividades paralelas do festival, atópase un Foro profesional, onde estarán presentes proxectos como Espacio Espiral-Laboratorio Escénico y de Artes Afines de Santander, Les Naves de Gijón, Centro de Danza de Zaragoza, Red a Cielo Abierto (Red de Festivales de Calle de España), Festival Trayectos de Zaragoza, Festival ContraDANÇA Festival de Danza e Movimiento Contemporáneo de Covilha en Portugal e Sólodos en Danza (Costa Rica / Ourense): Proxectos culturais que promoven o traballo escénico contemporáneo e favorecen a mobilidade de creadores noveis.

 

Te puede interesar