POLÍTICA SOCIAL

"Queremos que se visualice a importancia das entidades sociais"

O presidente da Deputación explicou que co Consello Social Provincial a Deputación quere impulsar "un espazo de diálogo coas entidades sociais que cooperan no ámbito provincial"

O presidente da Deputación de Ourense falou hoxe sobre o Consello Social Provincial presentado no día de onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel e dixo que con este órgano, a Deputación busca "impulsar un espazo de diálogo coas entidades sociais que cooperan no ámbito provincial". Explicou que na reunión de onte se convocou a estas entidades para "escoitar e tamen plantexar" ideas para a provincia e para que "den a súa visión sobre as axudas que regularmente pon en marcha" o ente provincial. 

Manuel Baltar asegurou que co ConsellOU "queremos que se visualice a importancia de moitas das boas prácticas que esas entidades poñen en marcha". Por iso recordou que en marzo a Deputación fará un Foro Social "para que se visualicen ese tipo de cuestións innovadoras e que fan unha labor moi importante pola sociedade ourensá", e que en xuño organizará "un Foro Nacional onde tamén se exhibirán as mellores políticas sociais de España". 

Te puede interesar