en ourense

Baltar: "Recoñécese a un excelente embaixador da nosa intelectualidade"

A proposta da Deputación provincial é un paso adiante para que agora se inicien os correspondentes trámites administrativos do expediente de declaración de "Fillo predilecto da provincia de Ourense para Alfredo Conde

"Xustiza cultural para un dos grandes das nosas letras". Así expresa o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o principal motivo polo que dende a institución provincial propoñen ao escritor Alfredo Conde (Allariz, 1945) como "Fillo predilecto da provincia de Ourense". Un título que se lle concedeu a outros ilustres ourensáns como Alexandre Bóveda o Xaquín Lorenzo "Xocas".

Alfredo Conde reuniuse onte con Baltar no Pazo Provincial, onde coñeceu as intencións de declaralo fillo predilecto da provincia. O presidente da Deputación sinala que este reconoñecemento se realiza "pola súa defensa da cultura ourensá ao longo da súa prolífica carreira literaria e como excelente embaixador da intelectualidade da provincia de Ourense". Unhas palabras e unha iniciativa que o escritor de Allariz quixo agradecer persoalmente a Manuel Baltar esta iniciativa que para el "é diferente a outros recoñecementos" por ser "na súa provincia natal". 


Inicio dos trámites


A proposta da Deputación provincial é un paso adiante para que agora se inicien os correspondentes trámites administrativos do expediente de declaración de "Fillo predilecto da provincia de Ourense para Alfredo Conde. Unha noticia que enche de ledicia á intelectualidade ourensá, sobre todo ao mundo das letras. 

Te puede interesar