comercio

Barbadás celebra en marzo a segunda feira da oportunidade

O evento, que terá lugar os días 16 e 17 de marzo, busca dinamizar o comercio local

Barbadás acollerá unha nova edición –a segunda– do "Evento do stock e oportunidades", para o que vén de abrir o prazo de inscrición dos establecmentos comerciais que o desexen. 

 A cita está organizada polo Concello e pretende crear un punto de encontro onde os comercios polo miúdo poidan ofrecer artigos de alta calidade a prezos de oportunidade aos consumidores.

Este "Evento do stock e oportunidades" terá lugar no polideportivo municipal, os días 16 e 17 de marzo, de 11,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 21,00 horas o sábado; mentres que o domingo pechará. Salvo o domingo 17, que o recinto pechará ás 20,30 horas. 

Para poder participar, as empresas teñen que estar dadas de alta no Imposto de Actividades Económicas no sector de comercio, ter  establecemento aberto ao público e estar en posesión da licenza municipal.

Os participantes terá que vender os produtos propios a un prezo ou condicións máis vantaxosas para os consumidores, sen que o Concello impoña unha porcentaxe concreto do desconto a aplicar.

Poderán participar empresas radicadas noutros concellos, pero terán preferencia as de Barbadás. Así, en caso de que queden espazos libres, abrirase á participación das tendas foráneas. Neste caso, a adxudicación, se quedan prazas libres,  farase por rigorosa orde de entrada no rexistro.

O Concello de Barbadás creou esta feira de oportunidades o ano pasado, co obxectivo de dinamizar o comercio local. 

Te puede interesar