ÁREA METROPOLITANA

Barbadás dará 1.000 euros ao mellor monologuista en galego

A organización abriu o prazo para que os interesados en participar poidan enviar os seus vídeos. Estará aberto ata o 10 de outubro, e o premio para o gañador será de 1.000 euros

A Concellería de Cultura e a Concellería de Mocidade do Concello de Barbadás veñen de lanzar a terceira edición do concurso de monólogos en galego Linguareteando, cuxa gran gala final se celebrará o 30 de novembro. 

Haberá actuacións en directo o 26 de outubro e o 9 e 16 de novembro, antes de chegar á gran gala final do 30 de novembro. 

O obxectivo é promocionar as iniciativas culturais e artísticas e promover o uso da lingua galega, ofrecendo a oportunidade aos participantes de amosar as súas dotes interpretativas ante o público.

Hai unha única modalidade de concurso, para os maiores de 16 anos. Sen embargo, os de menor idade poderán competir se presentan a autorización paterna. 

As persoas participantes poderán realizar o seu monólogo sobre o asunto que desexen e este será de carácter humorístico, retranqueiro, irónico ou de sátira social. Non poderá ter un contido que supoña o fomento da discriminación de ningún tipo. 

O xurado realizará a preselección de 10 obras como máximo avaliando a orixinalidade, comicidade, calidade da actuación e do guión. Outras dúas obras serán seleccionadas por votación popular a través da web linguareteando.barbadas.gal n

Te puede interesar