ELECCIONES MUNICIPALES

O BNG apela á súa ‘solvencia' na apertura da precampaña

Os candidatos da cidade presentaron na rúa a liñas maestras do seu proxecto de goberno

Unha cidade "amigable", un concello "rebelde frente ás políticas inxustas", onde os xoves teñan traballo digno, que apoie á lingua galega; unha urba na que se poñan sempre por riba "os intereses públicos", que faga norma da "consulta e do diálogo constante cos veciños", capaz de por "freo ó desemprego" e de dinamizar ós sectores económicos". Eso, e moitas outras cousas, é o que promete o BNG-Asambleas abertas no seu programa electoral, presentado onte na rúa do Paseo, nun acto aberto ós cidadáns, onde a cabeza de lista da formación, Susana García, e os seis primeiros da candidatura que a acompañan -Noa Presas, Luis Seara, Rut Reza, Xosé Lois Freire, Fabián Freixedo e Beatriz Fariñas-, relataron as grandes liñas de actuación. Amosárono tamén en grandes paneis, xunto a un puzzle que foron compoñendo a medida que ían falando e que amosou ao final o que pode ser o lema do seu compromiso: "Ourense, unha nova denominación de orixe".

Nese acto público, o BNG, presentou, pois, as liñas básicas dun "programa de goberno" que, din, quere convertir Ourense nunha "marca de calidade" e mellorar "a calidade de vida das persoas", impulsando "os servizos que se prestan dende o Concello". Por iso, Susana García anunciou cláusulas de protección social na contratación de obras, un IBI más caro para as rendas máis altas ou para as vivendas vacías ou medidas de transparencia na contratación de servizos e obras, con mesas de contratación abertas onde poidan participar tódolos grupos políticos.

Nesa longa declaración de intencións e vontade, Xosé Lois Freire, por exemplo, prometeu que non haberá máis privatizacións de servizos e que incluso poderíanse "remunicipalizar" outros agora xestionados por concesión, ao tempo que demandou un transporte público que chegue ás áreas industriais do entorno ourensán.

Luis Seara apelou ó BNG comoa "a única alternativa nacionalista que pon por diante as persoas"; Beatriz Fariñas comprometeu o apoio a retornados e preferentistas; Fabián Freixedo recoñeceuse membro da xeración máis preparada da historia pero tamén "a máis estafada" e por iso dixo que o Concello será, se goberna o BNG, un "dique de contención" contra os "caraduras" do PSOE e do PP; Rut Reza anunciou o respaldo ós grupos culturais de base e ós novos creadores, verdadeira "semente das industrias culturais" e Noa Presas declarou que se farán distritos que regularán os presupostos participativos.

Pechou o acto a cabeza de lista, para insistir na solvencia do proxecto do BNG que, di, porá o Concello ao servizo do pobo.

Te puede interesar