ENTREVISTA

Borxa Colmenero: "O Estado español ten a taxa máis alta de presos de Europa"

Borxa Colmenero, avogado de Vilar de Santos, presenta ás 20,00 horas no Espazo Nobel o seu novo libro: " Vidas culpáveis. O controlo neoliberal do crime". Ademáis do autor, intervirá o xurista Nemésio Barxa. 

Borxa Colmenero
Borxa Colmenero
Borxa Colmenero: "O Estado español ten a taxa máis alta de presos de Europa"

Borxa Colmenero, avogado de Vilar de Santos, presenta ás 20,00 horas no Espazo Nobel o seu novo libro: " Vidas culpáveis. O controlo neoliberal do crime". Ademáis do autor, intervirá o xurista Nemésio Barxa. 

Quen son esas "vidas culpáveis"?

Pretendía estudar cómo en sistemas xurídicamente democráticos existen vidas que ven violentados os seus dereitos máis básicos. As vidas culpáveis son esas vidas de persoas que sen comenter delitos que atenten contra o sistema democrático, o sistema atenta contra eles restándolles os seus dereitos e liberdades fundamentais. Persoas presas polos crimes de desesperación, persoas desafiuzadas, xóveness precarios, persecucións contra migrantes...Non se poden desenvolver coma cidadáns de pleno dereito porque o sistema non lles recoñece esa condición.  

Pensa nalgún exemplo en Galicia?

O libro é fundamentalmente teórico, pero si que de forma transversal as vidas culpaveis vémolas en Galicia e no conxunto de Europa, este é un fenómeno occidental.  Podo identificalo nos refuxiados, nos migrantes e nas mulleres, que se ven doblemente perxudicadas pola súa condición de muller; os mozos precarios e mesmo activistas sociais e políticos. O Estado actúa contra eles póndose en fronteiras que dificilmente poden encaixarse no sistema democrático. 

Como se ilustra o sistema carcelario na obra?

Tento introducir algunha novidade respecto do xa publicado. A principal é ver cómo no ordenamento xurídico español conviven dúas lóxicas: unha de tipo economicista, onde a represión actúa para perseguir as vidas culpáveis en termos de rendemento. Perséguense aqueles crimes máis fáciles de controlar e que menos gastos supoñen ao Estado. Élles moito máis fácil controlar delitos dos que venden na rúa ou delitos pequenos do tráfico de drogas. España é un dos estados co maior número de presos por taxa de Europa, e desde a crise económica ven descendendo de forma importe o número de persoas presas, sen que baixe o número de delitos. Demde o 2008 baixou en 15.000 o número de persoas presas sen que baixen os índices de delito. A outra lóxica que convive é excepcionalista. Nos últimos 10 anos, o Estado Español vive o menor impacto do terrorismo. Porén, hai un repunte moi importante da política antiterrrorista, perseguindo comentarios en Internet e considerando delitos de terrorismo accións que antes non se consideraban.

Como xulga estos delitos a sociedade?

Non abordo o tema, pero tento advertir dalgunas debilidades. Sempre ten habido sectores na sociedade vinculados á defensa das liberdades públicas. Ás veces estes colectivos poñen o foco nunha interpretación moi reduccionista.