ENTREVISTA

José A. Ferreiro: "O que buscamos con Antiq Auria é chegar, sobre todo, ós mozos"

Expourense será o punto de encontro dos nostálxicos esta fin de semana. Antiq Auria, a primeira Feira Internacional de Antigüidades, terá lugar o 26 e 27 de maio, con horario de apertura de 11,00 a 14,30 horas e de 16,00 a 21,00 horas

Antonio Ferreiro, anticuario y Enma González, directora gerente de Expourense
Antonio Ferreiro, anticuario y Enma González, directora gerente de Expourense
José A. Ferreiro: "O que buscamos con Antiq Auria é chegar, sobre todo, ós mozos"

Expourense será o punto de encontro dos nostálxicos esta fin de semana. Antiq Auria, a primeira Feira Internacional de Antigüidades que se celebrará o 26 e 27 de maio, con horario de apertura de 11,00 a 14,30 horas e de 16,00 a 21,00 horas, atraerá ó recinto ferial ós afeccionados que atesouran recordos do pasado. José Antonio Ferreiro, cofundador da Asociación Memoria Antiga profundiza nos detalles desta feira. 

Con que obxectivo nace Antiq Auria?

Persegue potenciar o mundo da antigüidade. Somos varios os románticos deste negocio e os que lle temos cariño o antigo. Do que se trata é de recuperar a nosa historia posto que, ao fin e o cabo, as antigüidades son a nosa base. O que se busca é chegar sobre todo ós mozos, aqueles que, a diferencia dos maiores, perderon un pouco esta costumbre.  

Qué poderá atopar o visitante?

Un total de 53 expositores ofrecerán productos de diferentes épocas e de ata cinco países diferentes -España, Portugal, Francia, Suiza e Arxentina-. A feira dividirase en tres eixos principais, englobados no mundo dos obxectos antigos. Por unha banda, a área das antigüidades propiamente ditas, onde se inclúen pezas de hai 70, 80 anos ou máis. En segundo lugar, a do coleccionismo-numismática, filatelia, medallas militares- e a de obxectos vintage-aparellos do século XX. 

Trátase dunha feira accesible para todos os petos?

Sen lugar a dúbidas. No ámbito das antigüidades sucede o mesmo que cando vas a mercar un coche. O abano de modelos vai dende os máis asequibles ata prezos moito máis altos. É dicir, neste mundo noso, podemos ir dende os tres ou catro euros ata onde un desexe pagar. 

Ourense é un referente nas antigüidades?

Ourense foi a cuna das antigüidades dentro de Galicia. De toda a vida, falar de antigüidades en Galicia era falar de Ourense. Foi quizáis nos anos 50 cando se extendeu a Lugo, Pontevedra e Coruña pero Ourense foi a pioneira. 

Cales son as expectativas para Antiq Auria?

Esperamos que se consolide. Precisamente, para conseguir isto é polo que imos pelexar tanto o meu compañeiro e eu, dende a Asociación Memoria Antiga como dende Expourense. De feito, xa temos unha segunda edición programada para o mes de novembro e esperamos continuar así ano tras ano.