DÍA MUNDIAL DEL AGUA

El Día del Agua abrirá el Campus a toda la ciudadanía

El Concello se suma a los actos programados, que se posponen al 29 de marzo por la Semana Santa 

Este xoves presentáronse as actividades conmemorativas do Día Mundial da Auga -que se celebra o vindeiro 22 de marzo-, no Salón de Graos do Edificio de Ferro. O acto contou coa participación de Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación; a concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Belén Iglesias; o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; a concelleira de Turismo e Termalismo, Isabel María Castelo; e a decana da Facultade de Dereito, Marta Fernández.

A Deputación de Ourense, que xa participou o ano pasado no I Congreso Internacional da Auga, “apoia as iniciativas que redundan en favor da protección do medio ambiente e, sinaladamente, as referidas aos recursos hídricos, tanto no que atinxe a auga desde o punto de vista da saúde, do ocio ou dos servizos esenciais deste recurso”, afirmou Rosendo Fernández, quen engadiu que a auga “é fonte de vida, e de aí a necesidade de mellorar a súa xestión e coñecemento, dende unha perspectiva global e multidisplinar, xa que esta propicia o benestar social e inflúe na saúde alimentaria, humana e no medio ambiente”. Así mesmo, asegurou que tratándose do Día Mundial da Auga “temos que continuar a destacar a función esencial da auga e propiciar melloras para a poboación mundial e debater cómo debemos xestionar os recursos hídricos”.

Baixo o lema “Auga e postos de traballo”, o día 22 de marzo conmemórase o Día Mundial da Auga co obxectivo de chamar a atención sobre a importancia deste recurso e da súa xestión sustentable. O campus de Ourense, por segundo ano consecutivo e no marco do seu proxecto de especialización como Campus da Auga, únese a esta celebración organizando un amplo abano de actividades coa colaboración da deputación de Ourense e do concello. A programación culminará o día 29 de marzo cunha xornada de portas abertas á que está convidado a asistir o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato das provincias de Ourense e Pontevedra.

Te puede interesar