OURENSE NO TEMPO

Camiño de Castela

img_5188_carretera_de_castilla_fondo_ben_cho_shey3
photo_camera Camiño de Castela. (Fondo Ben Cho Shey, Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense)

Cuando vemos una fotografía antigua, lo más difícil es conseguir borrar de nuestra mente todo lo que “siempre ha estado ahí”

El camino de Castilla, para los ourensanos se identifica con la actual Progreso y con el puente murallón de la Burga, y nos cuesta entender que no fue hasta aproximadamente 1863 que los transportistas ourensanos no podían salvar ese desnivel con sus carros cargados de pesadas mercancías.

Por ese motivo el camino de Castilla antiguamente, entraba en la ciudad por Bonhome y discurría por toda la parte alta de la ciudad, Julio Prieto, Hernán Cortes eran obligadas vías de acceso, después ya dependía del destino, Tiendas, Lepanto, Hornos, para salir de la villa, buscando el Puente Viejo, la carretera de Cortegada o la salida de Trives.

Con ayuda de Ben Cho Shey, en esta entrada os recuerdo esa vieja vía principal de Auria.

Hoxe quero presentarvos outro dos arquivos que utilizo para realizar o blog; trátase do que Ben Cho Shey cedeu no seu día á Deputación provincial. Vaia por diante que é un magnifico fondo, composto por libros (propios e/ou da súa biblioteca), traballos e recompilacións de artigos xornalísticos; abarcando temas moi variados, aínda que entre eles sobresaian a etnografía e a heráldica.

Co que respecta ao obxecto deste blog, o volume de material fotográfico é menor do que esperaba, aínda que confeso que esa sensación téñoa cada vez que descubro un novo fondo fotográfico, sempre me gustaría que fose maior. A maior cantidade de imaxes son as que están dentro do cartafol de Festa dos Maios, a colección persoal de cartóns postais que posuía, e as fotografías de monumentos e heráldica da provincia.

A maiores desas series, o resto das imaxes son máis ben escasas, pero non carentes de interese. Hoxe móstrovos unha delas, e un recorte doutra, pra o meu (curto) entender, das máis interesantes.

O recorte do plano que vos mostro pertence a unha fotografía que no dorso ten esta lenda: "Plano de la ciudad de Orense. Comandancia de Ingenieros de Vigo, 1861", (xunto ao selo dun profesor madrileño, e unha anotación a lapis). Sería necesario que os entendidos na materia nos desen a súa opinión, pero a data e o contido, exponnos pequenos problemas á hora de comparalo con outros existentes (ex.: o que López Carreira, Anselmo, móstranos no seu "A cidade de Ourense no século XV"). A modo de aperitivo, neste de 1861, non existe aínda, con toda lóxica, a ponte da Burga, pero sorprende, polo inesperado, a inexistencia, da que hoxe é Concordia, e no seu día Estrada de Trives, Hospicio e Capitán Eloy; pero deixaremos ese tema para outra entrada, que se non estendereime demasiado.

Logo dese rollo, imos ao tema da entrada de hoxe, que é intentar que cambiemos o chip, con respecto a un detalle xa mencionado: a ponte da Burga permitiu o paso da Estrada Vigo-Villacastín por onde hoxe o coñecemos; pero iso foi contorna ao 1863, e antes?

A resposta, tédela nese recorte de plano, e na fotografía que nos deixou Ben Cho Shey; o camiño de Castela entraba pola actual Bonhome, e discorría pola parte superior da cidade, para evitar a vaguada das Burgas; así, o percorrido seria Porta dá Aíra (Xullo Prieto), Hernán Cortes, Unión, Fornos e Santo Domingo (ou un moi parecido).

De paso axúdame a entender porque o fotógrafo italiano Aquillis Bocconi decidiu instalarse nunha rúa como Xullo Prieto, ou porque o tamén fotógrafo Francisco Prieto escolleu a rúa Pelayo para instalar o primeiro estudo fotográfico; naqueles tempos eran rúas de moito tránsito, aínda que comezaban a ceder terreo ante a rúa Progreso, por iso ao final a rúa dos fotógrafos foi Cardeal Quiroga.

Te puede interesar